O Museo Etnográfico da Limia, presentou a exposición “Unha vida de ra” e o libro do mesmo nome da autoria do limiao Rafael Laso Lorenzo

“Son limiao de nacemento, de corazón e de pensamento. Debo ser un dos derradeiros nenos da vila que naceron na casa, xa que logo pouco despois as nais ían parir ó hospital de Ourense. Eu non, o meu hospital particular foi un dos bloques das casas baratas vellas, nun cuarto dun terceiro piso con fiestra á rúa Santa Mariña. Daquela un limiao nacía sendo case un experto en tres cousas: as ras, as patacas e o entroido.”

Foi con esas palabras que comezou a súa intervención Rafael Laso Lorenzo, limiao e autor do libro “Unha vida de ra”, presentado o pasado 10 de xuño xunto á exposición do mesmo nome e que inclúe ao redor de 200 pezas. O acto comezou coa benvida aos asistentes e a introdución á Toño Blanco, dono da colección, o propio Laso e Luís Fariñas quen se detivo na súa condición de “raneiro” para dar boa conta das súas experiencias e como tiña aprendido o “oficio” do avó. O acto decorreu na Sala “Xaquín Lourenzo” e contou coa participación da veciñanza.

Fonte: DendeAlimia

Fonte: DendeAlimia

 

 

 

 

 

 

 

 

En relación co acto, o xornal comarcal Dende A Limia tivo a ben deixar rexistro audiovisual da intervención de Luís Fariñas. Deixamos aquí o mesmo: