Imaxe: SANTI M. AMIL – La Voz de Galicia

 

O Museo da Limia conta, desde a pasada fin de semana, cunha nova exposición, desta volta centrada nun ben moi prezado polos máis cativos e non só

 

No espazo reservado a exposicións temporais da Sala Xaquín Lourenzo, segundo andar, podemos contemplar unha nova exposición temporal, esta centrada nas bonecas de porcelana, ata setenta figuras constitúen a mostra doada por Pachi Fontarigo e Sara Dacal.

Esta escolma ven substituír a exposición de instrumentos musicais do mundo, doada neste caso por Antonio Nogueiras, veciño da aldea e a quen vemos acompañado na imaxe polo alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón e o membro do Padroado do Museo, Ánxel Dacal.

A mostra será visitable aos sábados e domingos de 11h00 a 13h30 e de 15h30 e 18h00 ata ao final do ano.