Novo evento no Museo. Trátase da charla-coloquio «Aves da Limia: dende a Lagoa de Antela a un Futuro Posible». Os investigadores Antonio Villarino, Felipe Bárcena e Serafín González serán os conferenciantes, membros todos da SGHN, cos que percorreremos a historia dunha complicada relación, a da ornitoloxía coa nosa comarca, a Limia. Falarán, así mesmo, dos dous tomos dedicados ás aves da comarca, dos que son autores:

AVES DA LIMIA I. Non paseriformes
Dende a Lagoa de Antela aos nosos días

AVES DA LIMIA II. Paseriformes
Dende a Lagoa de Antela aos nosos días
Centro de Estudos da Limia

 

 

 

 

 

 

 

 

A actividade súmase ás recentes Conversas na Taberna centradas na Educación na comarca e dan conta do amplo abano de intereses centrados na mesma que pasan pola entidade.