Doble presentación dun libro e un compacto sobre Antón Tovar no Museo da Limia | Museo da Limia

O Museo da Limia acolle o acto da doble presentación do compacto “Casares, Valente, Tovar. Ourense, Xenebra, A Limia” e do libro “Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado”, o sábado, día 14 de abril, as seis da tarde.

Contará coa intervención de alumnos do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga: Brais Fernández Fernández, de cuarto de educación primaria; Ahinoa Cabrera Teixeira, de quinto de educación primaria; Laura Fernández Losada, de sexto de educación primaria; e Ángel Fernández Rodríguez, de sexto de educación primaria, que lerán fragmentos do libro. Actuará como moderadora a secretaria do Padroado do Museo da Limia, Sabela Rodríguez Jardón. O presidente do Padroado do Museo da Limia e introductor do compacto, Delfín Caseiro, falará sobre o libro e o audio. O autor do volume e do comparto, Xosé Manuel del Caño, falará sobre o poeta e reclamará que a Real Academia Galega lle dedique a Antonio Tovar o Día das Letras Galegas 2019.

Cerra o acto o cantautor valdeorrés Anxo Rei, coa interpretación de cancións do disco “A rabela da pluma (versos de Antón Tovar)”, editado no ano 2006.