Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares

CENTRO DE CULTURA POPULAR DO LIMIA,

MUSEO DA LIMIA

FUNDACIÓN CARLOS CASARES.

 

O vindeiro día 29 de abril, pola mañá, celebrarase no Museo da Limia (Vilar de Santos) un foro-encontro de escritores limiaos, para analizar a figura e a obra de Carlos Casares.

Pola tarde terá lugar o roteiro literario Carlos Casares (Xinzo-Sabucedo-Lamas-Trandeiras-Xinzo). 

 

O Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares (Vigo) están a promover conxuntamente diversas actividades para celebrar as Letras Galegas 2017 dedicadas a Carlos Casares, co fin de acrecentar e enriquecer o estudo da súa figura e da súa creación literaria, semente de cultura.

A infancia e a adolescencia do escritor transcorren en territorio limiao, cunha intensa vinculación vivencial e emocional que se ha prolongar ao longo de toda a súa existencia. A historia, a xente e a terra da comarca convértense en material literario e inspiran moitas das súas creacións: Vento ferido, Cambio en tres, Xoguetes pra un tempo prohibido, Os mortos daquel verán, Os escuros soños de Clío, Deus sentado nun sillón azul, Un país de palabras, O galo de Antioquía,… así como numerosos artigos da súa celebrada columna Á marxe.

Os lugares onde asentan as historias, os relatos, transcenden o espazo físico e pasan a formar parte da paisaxe eterna da fantasía. En Xinzo de Limia, Sabucedo, Lamas, A Forxa, A Filgueira, Morgade, Trandeiras, Baronzás, etc. aínda latexan os ecos das voces que transmiten ao narrador, que tanto gusta de escoitar, a maxia das palabras da oralidade e a firme lealdade á fala.

O encontro de escritores de Vilar de Santos quere propiciar a recreación e/ou a lembranza desta relación de Carlos Casares e da súa obra coa realidade limiá, punto de partida desde o que significar a incidencia do homenaxeado na existencia e na creación de cada un/unha dos/das participantes. Trátase de achegar unha visión personalizada, vinculada á figura e/ou á obra do autor e/ou ao ámbito territorial limiao.

Os relatorios ou comunicacións dos asistentes, así como os traballos premiados no II Certame escolar de creación literaria e plástica, será publicados nun número monográfico da revista Lethes  (Cadernos  Culturais do Limia).

 (ÚNESE RELACIÓN DE ESCRITORES, PROGRAMA DE ACTOS E CARTEL) 

1.- ESCRITORES LIMIAOS QUE ACUDIRÁN AO FORO OU ENVIARÁN COMUNICACIÓNS

Isaac Alonso Estravís

Luis Álvarez Pousa

Delfín Caseiro Nogueiras

Xosé M. Cid Fernández

Federico Cocho de Juan

Manuel Fontemoura

Luis García Mañá

Gonzalo Iglesias Sueiro

Rafael Laso Lorenzo

Miro Martínez Cerredelo

Silverio Cerredelo

Miguel Narvoa da Limia

Luis Otero

Chus Pato

Claudio Pato

Xosé Ant. Pérez Bouza

Elixio Rivas Quintas

Manuel Rivero Pérez

Antón Riveiro Coello

Concha Rousía

Xabier Xil Xardón

 

2.- PROGRAMACIÓN DO DÍA 29 DE ABRIL

ENCONTRO ESCRITORES

MAÑÁ. ENCONTRO DE ESCRITORES LIMIAOS.

(Museo da Limia. Vilar de Santos)

– 11,00. RECEPCIÓN DE ASISTENTES

– 11:15. RONDA DE EXPOSICIÓNS

– 12:30. PAUSA. CAFÉ

– 13:00. TURNO ABERTO

– Actuación musical: Luis Humberto Cao

– 14:15. CLAUSURA

– 14:45. XANTAR

TARDE. ROTEIRO LITERARIO.

(Xinzo-Sabucedo-Lamas-Trandeiras-Xinzo)

– 17,00. SAÍDA DE XINZO

(ESTACIÓN DE AUTOBUSES)

– 17:15. CHEGADA A SABUCEDO

– 18:00. PARADA EN LAMAS

– 18:45. CHEGADA A TRANDEIRAS

– 19:30. XINZO

(ESTIMACIÓN ROTEIRO, 2:30 HORAS).