Nova exposición no Museo da Limia: “Unha vida de ra”.

Seguindo coa liña emprendida nos últimos tempos, de expor no seu recinto materiais da propia veciñanza da comarca limiá, o Museo da Limia acolle dende o día 22 de abril  ata o vindeiro 15 de agosto, unha exposición de máis de 200 figuras de ras, pertencentes á colección particular do veciño da Limia, Antonio Blanco.

A citada exposición leva o mesmo título do libro do escritor limiao Rafael Laso Lorenzo: “Unha vida de ra” (publicado pola editorial Tambre), que colabora na mesma.

Amais das 200 figuras de Antonio Blanco a exposición complétase con frases e textos entresacadas do citado libro de Rafael Laso e con fotos de raneiros da comarca que hai anos se dedicaban á pesca da ra na antigua Lagoa de Antela e no Canal posterior á súa desecación.

Durante o tempo da exposición e, en datas pendentes de determinar, haberá no Museo da Limia distintos actos relacionados co anfibio homenaxeado.

Así, presentarase ao público o citado libro de Rafael Laso Lorenzo, “Unha vida de ra”, haberá un coloquio no que, raneiros de entón, falarán da súas experiencias e mesmo do significado da ra na comarca da Limia, sobre a situación actual na comarca, etc, concluíndo cunha degustación de lembranzas gastronómicas a partir das ancas de ras.

Esta exposición é o prefacio dos actos conmemorativos do 60º aniversario do inicio dos traballos da desecacida Lagoa de Antela, cuxa programación e eventos serán anunciados no vindeiro mes de xuño, unha vez pechada a programación dos mesmos.