Novas do Museo

Chega ao Museo a exposición «Viaxe polo Mundo das Máscaras»

A investigadora e etnógrafa por vocación, Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), presenta no Museo Etnográfico da Limia  a exposición «Viaxe polo Mundo das Máscaras». A mostra permanecerá no Museo do 7 de outubro ao 25 de novembro. Funcionaria na área de Asuntos Sociais e coordinadora sociocultural, da súa paixón pola etnografía resulta esta mostra visitable ata o último domingo do mes de novembro.

Antonio Rodríguez Colmenero, Premio Pedra Alta 2018

A Xunta Directiva do Museo Etnográfico da Limia trala proposta elevada polo Consello Asesor decidiu conceder o premio Pedra Alta 2018 ao catedrático emérito de Historia Antiga e profesor emérito da USC, Dº Antonio Rodríguez Colmenero (Lucenza, 1936).

«É posible compatibilizar agrogandeiría e medio ambiente»

Malia a ameaza de nubes grosas sobre o ceo de Vilar de Santos que máis non deixaron ca unha pinga, o patio do Museo Etnográfico da Limia virou anfitrión dun animado debate en torno do presente e futuro da nosa comarca co 60º aniversario da desecación da Lagoa como pano de fondo e o sector agrogandeiro como tema de debate fundamental.

Xornada de debate en torno á desecación da Lagoa o próximo 29 de setembro

O próximo sábado 29 de setembro, o Museo Etnográfico da Limia acolle unha xornada de reflexión e debate sobre o presente e futuro da comarca, logo se teren completado sesenta anos do inicio dos traballos de saneamento. A xornada que se prolongará ao longo da tarde a partir das 17:00 e reunirá diversas voces, avaliará diversas experiencias agrogandeiras e medioambientais. Deixamos, de seguido, o resumo e horarios da xornada: 

A exposición «A Memoria Asolagada» resgata a Lagoa no 60 aniversario do inicio da desecación

A iniciativa, que é visitable no Museo da Limia, insírese na programación conmemorativa do 60º aniversario que está a desenvolver o Museo Etnográfico da Limia  e ten a colaboración do Centro de Cultura Popular do Limia, do  Portal web Vía Lethes, e da revista Lethes, Cadernos Culturais do Limia así como o patrocinio do Concello de Vilar de Santos e a Deputación Provincial

No mes das Letras, inauguramos a Biblioteca da Limia

O Museo da Limia inaugurará o próximo venres, día 4 de maio, ás 7 da tarde, un dos proxectos culturais máis senlleiros que agromou nos últimos anos nas terras limiás. Esta iniciativa ten como obxectivo primordial pór en valor e coñecemento da sociedade a todos e todas os autores e autoras que desenvolven a súa creación no ámbito das humanidades.

«A nosa pataca ten unha excelente calidade. Cómpre dicilo porque é a verdade»

A cita que dá corpo ao título da crónica das III Conversas na Taberna foi o lugar común do que partiron os nosos convidados desta nova edición das Conversas. O evento que, dada a calidade e cantidade das intervencións, podemos dar por consolidado, xuntou preto dunha vintena de persoas que abordaron o estado actual dun cultivo clave para a comarca.