Coa chegada da primavera, chegan tamén novos horarios ao Museo Etnográfico da Limia, despois das obras de acondicionamento que incluíron entre outros o tratamento do beirado do edificio e os portóns exteriores. 

Informamos que para o período primavera-verán de 2017 o Museo permanecerá aberto aos sábados e aos domingos en horario de 11 a 13:30 da mañá e 16 a 18:30 da tarde. Lembramos que o noso celebrou o pasado 2016 o seu 20º aniversario no emprazamento da antiga Casa Reitoral, neste tempo tense tornado unha referencia na preservación do noso patrimonio colectivos, moi en particular o das limiás e limiaos.

Sinalar tamén que para a concertación de visitas guiadas pola semana, cómpre pórse en contacto co Museo a través dos seguintes medios, ou ben nos teléfonos e fax: T 988 465 883 F 988 465 872 ou enviando un correo ao enderezo electrónico museodalimia@vilardesantos.com