A entidade que reúne 36 espazos museísticos, fundacións e coleccións visitables de todo o País, entre os cales, o noso, o Museo Etnográfico da Limia, renovou, así mesmo, a Presidencia e dúas das súas vogalías.

O Museo Etnográfico da Limia, participou na reunión a través da figura do vicepresidente do Consello Asesor, André Taboada, na mesma, subliñouse a necesidade de interpelar á administración autonómica perante a falta de compromiso que de acordo cos asistentes á reunión, se está a amosar por parte da Xunta de Galicia.

Por outra banda, e en substitución do anterior representante, Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego, o Consello elixiu a Ángeles Penas Truque, para representar a entidade perante o Consello da Cultura Galega. Penas Truque é a actual directora do Museo de Belas Artes da Coruña.