O próximo sábado 10 de xuño ás 11h30 terá lugar no Museo Etnográfico da Limia a presentación da exposición “Unha vida de ra”

A mostra que xa é visitable na sala “Xaquín Lourenzo” do museo limiao vai ser oficialmente presentada o próximo sábado día 10 ás 11h30, a mesma fai parte dunha colección particular do veciño da comarca, Antonio Blanco, e conta con 200 pezas. No acto está prevista a intervención do escritor tamén limiao Rafael Laso Lorenzo quen irá presentar o libro homónimo “Unha vida de ra”, amais de raneiros da comarca que han dar boa conta da importancia do anfibio animal na ecoloxía e economía da nosa comarca. O croar das ras acompañounos na comarca desde tempos inmemoriais e vese hoxe ameazado polo inzar de especies foráneas como o cangrexo de río americano, voraz depredador que ten vido a esquilmar a poboación destes anfibios.

A mostra encádrase nos actos de conmemoración do 60º aniversario do saneamento da Lagoa de Antela.

Achegádevos á presentación

Museo Etnográfico da Limia