• O noso Museo ten unha sala dedicada por enteiro ao proceso do liño. Da súa importancia nas nosas comunidades, é testemuña o cancioneiro popular,  espazos de sociabilidade que ao redor del se tecían, tales como o fiadeiro e os seus múltiples usos que ían moi alén dos propiamente agrarios. Co liño, as persoas vestíanse, co liño, gorecíanse do frío baixo a roupa da cama. O proceso coñecido como “Revolución Verde” acabou por desprazar o liño como produto non rendible do punto de vista económico, a agricultura entraba naquilo que, en abstracto, alcumamos como “mercado” e a súa ardua elaboración non casaba ben cos própósitos dunha agricultura que expulsaba cada vez máis fillos e fillas.

As mulleres de Parada de Outeiro, gravaron en 1995 unha peza audiovisual na que dan boa conta dese labor (en 2015, fixeron unha demostración perante investigadores irlandeses que estaban a comparar o liño en Irlanda, abandonado mais temperamente, e a Galiza). Deixámosvos a ligazón: