Foto de capa: Equipa do “A Música Portuguesa…” a gravar em Toxedinho, Vilar de Santos | 02/12/16

A Asociación “A Música Portuguesa a Gostar dela Própria”, naceu no País irmán, Portugal, coas ganas de pór en valor a contribución da música tradicional ao acervo cultural portugués. O proxecto xa atravesou a fronteira e nesta fin de semana, cábenos recibilo no noso concello

Foi grazas ás conversas entre a Noemí (A Arca da Noe) e o Tiago Pereira, o rostro por detrás do proxecto, que o “A Música Portuguesa a Gostar dela Própria” escolleu o noso concello para facer unha parada.

O proxecto inicia en 2011, saíndo pronto á procura do patrimonio vivo ligado ao “pobo que aínda canta”, un percorrido pleno de vontade rehabilitadora que integra pezas audiovisuais e os seus certos protagonistas, as persoas que de norte a sur do País (e non só,  Galiza tamén xa foi escenario) se dispuxeron a interpretar as cantigas, novelas, danzas que, felizmente, preservan.
Polo momento, a iniciativa conta con máis de 2.100 vídeos e máis de 1.280 proxectos musicais. É con base nese material filmado que o Tiago mantén un programa semanal na principal estación de radio portuguesa, a Antena 1, “O Povo que Aínda Canta”.O Tiago pasa estes días en Vilar de Santos a gravar exteriores coa nosa veciñanza como protagonista. Agradecemos vivamente a preferencia do Tiago e o seu equipo polo noso concello.

Máis info:

https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/posts/1325790374152506:0