988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

O vindeiro domingo 22 de outubro o Mercado de Artesanía e produto local de Vilar de Santos está de décimo aniversario, e non podería haber unha programación máis variada para celebralo. O noso museo acolle varias delas, coas que agardamos disfrutedes coñecendo e vivindo as nosas tradicións.

PROGRAMACIÓN
  • 12:30 h – Demostración do traballo do liño. Concerto das Xingras da Arca. No Museo da Limia.
  • 13:30 h – Concerto: As Terreiras. Na Arca da Noe.
  • 16:00 h – Contos para nenos e nenas con Inma Soto: «Quen é Xela?». No Museo da Limia.
  • 17:00 h – Conversa: «Pasado, presente e futuro do liño», con Asociación de Mulleres Rurais Arracada, Mercedes de Lumecú e PAL.lium. No Museo da Limia.
  • 19:00 h – Mostra de roupa de liño. No Museo da Limia.
  • 19:30 h – Presentación da Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega: «Andar cos tempos das músicas». Na Arca da Noe.
  • 20:00 h – Concerto: A Banda da Loba. Na Arca da Noe.

Lembrade que para participar traendo os teus produtos podes contactar aos teléfonos 617 84 40 97 (Mercedes) ou 699486282 (Noemí). O prezo de inscrición é de 20€. Para participar no resto de actividades, o acceso será libre ata completar aforo.

Tedes máis información na web do concello de Vilar de Santos.