O Museo da Limia, en colaboración co Centro de Cultura Popular do Limia e a Fundación Carlos Casares presentaron o acto de entrega do II Certame de Creación Literaria e Creación Plástica Carlos Casares, así como do número 13 da revista Lethes, Cadernos Culturais do Limia, cuxa impresión correu a cargo da Deputación Provincial de Ourense, a respecto daquela última. Ambos eventos terán lugar o próximo día, mércores 27 de de decembro en Vilar de Santos, no salón multiusos do Concello e no Museo da Limia.
Intervirán Gustavo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia e Manolo Seoane, Presidente do Centro de Cultura Popular do Limia e unha actuación do grupo musical Trovare «regado» todo con viño do País.
Ano Casares
Foi este un ano de celebración para todas e todos os limiaos ao redor da figura de Casares, por ser o ano en que a Academia lle decidiu conceder as Letras Galegas. O autor de Vento Ferido, Xoguetes pra un Tempo Prohibido ou Ilustrísima, foi lembrado e homenaxeado este pasado abril. Así, o autor será o protagonista, cun monográfico, deste novo número da Lethes.