Antela Editorial

Lugar: Vilar de Barrio
Data Nacemento: 02/06/2020
Actividade Profesional: Antela Editorial é unha editorial de Literatura infantil e xuvenil que nace coa idea de crear libros de calidade i en galego para as nosas crianzas. Comprometidos coa calidade, coa labor social, co medioambiente, cunha producción sostible e sempre apostando polo noso rural e polas nosa cultura.
A Editorial formámola escritores e escritoras de libro infantil que vimos a necesidade de crear edicións coidadas, de apostar polo talento local e de traballar con empresas galegas para que os beneficios queden en Galicia.
Traballamos por unhas porcentaxes xustas para toda a cadea de produción editorial e por uns dereitos de autor dignos para quen crea a cultura.
A orixe do nome da editorial está ítimamente ligada a nosa querida e desaparecida lagoa, as súas lendas e historias, que perduran ao longo dos anos no imaxinario popular.
«Na mañanciña de San Xoán, cando o primeiro raio do sol relampra na lagoa de Antela, alá embaixo, moi fondo, albíscase o campanario da igrexa. E a noite do Nadal, ás doce en punto, óense cantar os galos…
... mais ninguén ata hoxe foi quen de ver o esquivo galo de Antela. Disque só os máis afortunados chegaron a ver as súas pegadas».
CORREO: info@antelaeditorial.com
TELÉFONO: +34 623 023 082
WEB: www.antelaeditorial.com
REDES SOCIAIS: @antelaeditorial

Obra Publicada

Recursos Autor