988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

Carmen Pérez Fernández (Carmen Penim)

Lugar: Covas (Os Blancos)
Data Nacemento: 06/09/1965
Actividade Profesional: Estuda Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela e obtén o seu doutoramento en Educación na Uned, cunha tese sobre a didáctica da escoita comprensiva, eido no que conta con varias publicacións, algunha das cales foi premiada e outras, empregadas como libro de texto en Pedagoxía, na Uned e en seccións de centros italianos dependentes do Mec. Participou tamén en programas de formación do profesorado impartindo cursos en Italia, Grecia e Galicia. Desde que se fixo funcionaria en 1990, dá clases no ensino medio en Galicia, a excepción de 6 anos que pasa destinada en Italia, onde tamén estuda canto jazz e lírico e funda a súa agrupación musical 2naFronteira. Alí publica o seu primeiro disco, ó que seguirán outros tres, nos que a lingua e literatura galegas son centrais, e nos que musica poetas contemporáneos e clásicos, destacando monográficos dedicados á revista Nós (Sons de Nós) e ó autor Letras Galegas 2014, Díaz Castro (Zapatiños para Díaz Castro). No 2017 publica en solitario o seu quinto traballo, un libro-CD dedicado á visibilización e memoria das mulleres: Herdeiras.
O feito de ter nacido nunha aldea arraiana e terse criado na aldea de Meaus, no Couto Mixto, deixa unha fonda pegada en Carmen. Así como a experiencia da emigración na súa infancia. Isto forxa a súa personalidade cosmopolita, amante do rural galego e defensora da memoria do Couto Mixto, presente en algunhas das súas composicións musicais. Así, no 2016, a Asociación de amigos do Couto Mixto distingue a 2naFronteira nomeándoos xuíces honorarios. Desde finais dos 90, vive na península do Morrazo, compaxinando a súa docencia coa actividade concertística dentro e fóra de Galicia.

Obra Publicada

Varios artigos en revistas especializadas de didáctica da lingua: Textos n.40(Graò); Lenguaje y textos (Sociedade de didáctica de la lengua y la literatura); Revista Galega de teatro, revista Mediterráneo n. 1 e n.7 (Mec, Consejería de Educación de Roma); Revista iberoamericana de educación (OEI); Redele (Mec); Didáctica, lengua y literatura (UCM).
VVAA: Didácticas específicas de las áreas de curriculum. Título de pedagogía. Uned, 2003
VVAA: Las artes del lenguaje. Lengua, comunicación y educación. Uned, 2009.
VVAA: Textos para las secciones españolas en Italia. Mec, 2012.
VVAA: Lenguaje y comunicación: la escucha comprensiva y otros textos para la didáctica de la lengua. Uned, 2003

La escucha comprensiva. Editorial académica española, 2012

Carmen Penim: Cambio versos por champán. Torremozas, 2010 (poemario)
2naFronteira: Humo en los ojos. CD. Italia, 2011
2naFronteira: Alma. CD. Galicia. 2013
2naFronteira: Zapatiños para Díaz Castro. CD coa colaboración da Xunta.2014
2naFronteira: Sons de Nós. CD coa colaboración da Xunta
Carmen Penim: Herdeiras. Muller, memoria, identidade. Libro-CD co apoio da Xunta, Deputación de Lugo e concellos. 2017

Recursos Autor