988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

Federico Cocho De Juan

Federico C.
Lugar: Xinzo de Limia
Data Nacemento: 14/01/1958
Actividade Profesional: Xornalista. Licenciado en CC da Información pola Univ. Complutense e DEA en Socioloxía pola Univ da Coruña. Especializado en reportaxes e información política, traballou en Sevilla, Santiago, Madrid e A Coruña na Axencia Efe, El Correo Gallego, Radio Galicia, La Voz de Galicia e Ideal Gallego. Foi correspondente en Galicia da revista El Temps e do xornal Avui. Foi columnista de A Nosa Terra e analista político de Economía Digital e da Radio Galega, entre outros medios. Foi xefe de prensa da Confederación de Empresarios de Galicia e xefe do gabinete do reitor e xefe de prensa da Universidade da Coruña, departamento ao que está adscrito na actualidade.
Organizou e dirixiu a revista de pensamento político e social Criterios, editada na Coruña.

Premio de Xornalismo nas Minervais de Santiago en 1973.

Obra Publicada

O Carnaval en Galicia (Xerais, 1990 e 2008)

Cara a cara. Las elecciones de 1993 (con L. Villarmor, La Voz, 1993)

Guía práctica de Galicia (Ronsel, 1996)

O Entroido galego (A Nosa Terra, 1998)

Carlos Reigosa, paixón por saber e arte de contar (con A. Basanta e L. Vivanco, Xerais, 2006)

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España (Xerais, 2011)

A festa do Entroido (Nigratrea, 2014)

Recursos Autor