988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

Luis Álvarez Pousa

Luis Alvarez Pousa
Lugar: Viladerrei
Data Nacemento: 08/03/1948
Actividade Profesional: Profesor Titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela

Director da revista mensual TEMPOS NOVOS (desde 1997)

Coordinador do proceso de evaluación de proxectos de investigación en Comunicación (Ministerio de Ciencia y Tecnología, primeiro, e posteriormente Ministerio de Economía, Competitividad e Investigación) (2009-2016)

Tertuliano durante 10 anos nos medios públicos de EUSKADI (1998-2008), e durante 5 anos na Radio Galega (2010-2015)

Analista político nos diarios El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa (2005-2013)
- Licenciado en Xornalismo (Universidade Complutense)
- Doutor en Historia Contemporánea e Comunicación (USC)
- Xornalista durante 23 anos en La Voz de Galicia (Delegado en Santiago, director de Video Voz-TV, coordinador xeral da Multimedia Voz)
- Cronista político durante a Preautonomía e primeiros anos da Autonomía en La Voz de Galicia.
- Correspondente en Galicia de Diario 16.
- Analista político coa sección A contratempo, en colaboración co debuxante Miguelanxo Prado (La Voz de Galicia, 1989-1995)
- Director do primeiro suplemento de Cultura no tempo da Transición do diario La Voz de Galicia.
- Director Xeral de Cultura na Xunta de Galicia, creando daquela o Centro Dramático Galego e o Arquivo Galego da Imaxe (1983-1985)
- Director do Observatorio Galego dos Medios (Colexio de Xornalistas de Galicia).
- Director da revista anual COMUNICACIÓN E CIDADANÍA.Revista Internacional de Xornalismo Social (2004-2008), editada polo Colexio de Xornalistas de Galicia.
- Membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Documentación Internacional) e da súa revista TEMPO EXTERIOR.
- Cofundador e redactor do semanario TEIMA (1976-1977)
- Director e presentador do primeiro debate semanal, ENCONTROS, que programaron a Televisión de Galicia e a Radio Galega cando foron creadas (1986-1987)
- Director e presentador de EXTRAMUROS, programa semanal sobre a cultura en Europa e Galicia (1988-1989)
- Fundador e director das XORNADAS DO CINE en Ourense (1973-1977)

Premios:
- Premio da crítica (ensaio) polo libro A IDENTIDADE FRONTE Á REDE (2000)
- Premio Atlántida-2003 do Gremi d' Editors de Catalunya polo labor como xornalista cultural.
- Premio de honra "Fernando Rey" outorgado pola Academia Galega do Audiovisual (2003)
- Premio de honta "Marisa Soto" outorgado pola Asociación Profesional de Directores, Actores e Técnicos do Teatro Galego (2005)
- Premio "Café del Bolengo" ao mellor labor de opinión na prensa (1993)

Obra Publicada

Os cans da vida (Xistral,1972)

A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información (Xerais, 1999)

Prensa ameazada. Desde a Transición ao Fraguismo (LEA, 1999)

A prensa do terceiro sector (coeditor e estudo) (Foro CIDACOM, 2008)

Informar desde a perspectiva de xénero (coeditor e estudo) (Atlántica, 2009)

Romper moldes. Áreas de especialización e xénero (coeditor e estudo) (Atlántica, 2011)

A contrapelo (edición e estudo da produción articulística de Blanco-Amor en La Voz de Galicia) (Biblioteca Gallega, 1993)

Figuracións (edición da produción articulística de Luís Seoane en La Voz de Galicia) (Biblioteca Gallega, 1994)

Medios e políticos baixo a sospeita (1990-2023). (Laiovento, 2023)

Capítulos de libros (entre outros):
"A mundialización disloca os eixos. Cultura en conflito", en Ramonet, I., Petras, J. e outros: Globalización e cambio de milenio (Xerais, 2001)
"Los expertos en el proceso de producción especializada", en VVAA: Periodismo de fuente (Universidad Pontificia de Salamanca, 2003)
"La globalización en el tiempo de la especialización", en Del Moral, J. (Coord.): Periodismo Especializado (Ariel, 2004)
"O xornalismo persuasivo, misional e político de Blanco-Amor en La Nación", en VVAA: Artigos en La Nación (Galaxia, 2004)
"Isaac Díaz Pardo, articulista inconformista", en Díaz, X. (Coord.): Isaac Díaz Pardo, o home e a obra (Deputación A Coruña, 2006)
"Prensa", en VVAA: Diccionario do Pensamento Galego (Galaxia/Consello da Cultura, 2012)

Recursos Autor