Silverio Cerradelo

Lugar: Ourense
Data Nacemento: 01/01/1964
Actividade Profesional:
Licenciouse en Veterinaria na Universidade Autónoma de Barcelona
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Barcelona. Ten publicado na revista Lethes nº 11, (Parque Transfronteirizo Gerês.Xurés: O regreso da aguia real), do Centro de Cultura Popular do Limia.
Pertence a una familia toda das terras da Limia, de preto de Xinzo. Licenciouse en Veterinaria na Universidade Autónoma de Barcelona e ten traballado sobre todo con fauna salvaxe.

Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboración na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental.
Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pirineos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos.

Para este proxecto escribiu o conto A historia de Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallecant, do cal se publicaron 29.000 exemplares en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego.

Obra Publicada

Os paxaros tamén migran ao sur (Xerais, 2007), Premio Terra de Melide 2006.

A historia de Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallecant

Recursos Autor