Xabier Xil Jardón

Lugar: Morgade - Xinzo de Limia
Data Nacemento: 25/02/1983
Actividade Profesional: Docente
Estudei primaria no Colexio Sergio Mascareñas, bacharelato e COU no IES Lagoa de Antela e Filoloxía Galega na Universidade de Vigo.
Son profesor de lingua e literatura galega.
Imparto obradoiros de escrita creativa dirixidos a público infantil e xuvenil.
Fixen parte das Redes Escarlata, dos Poetas da Hostia e de Tristecentos Versos. Na actualidade, comparto o proxecto de videocreación Fiinda canda a Miriam Rodríguez e Pablo Kaufman.
- Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo:
- 3º premio na categoría de relato curto dos Premios Minerva, 2000
- Premio de relato Repsol YPF, 2000
- Premio de poesía 2006 (Os animais son universais porque non teñen retranca);
- 1º Accésit de poesía 2006 (O trono xa non vén do ceo);
- Premio de poesía 2008 (Contrapicado dobre);
- 1º Accésit 2012 (Vou falar da ruína);
- 2º Accésit 2012 (Volvería ao frío).
- II Premio Antón Tovar de Poesía, coa obra Abismalia. 2007.
- XXI Certame de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, coa obra Cando menos a derrota. 2008.
- 1º Premio de Videocreación "Curtas para Rosalía 2014", convocado pola ASPG. 2014, co videopoema Velaquí o texto.
- 1º Accésit de Videocreación "Curtas para Rosalía 2015", convocado pola ASPG, co videopoema As primaveras do Barrio do Cura.
- 2º Premio de Videocreación no "Concurso fotopoético 2015" convocado polo Concello de Carballo, co videopoema Presenzas.
- 1º Premio de Videocreación "Curtas para Rosalía 2016" na sección Irmandades da Fala, co videopoema Mira a miña pel.

Obra Publicada

13. Antoloxía da poesía galega próxima, VVAA. Chan da Pólvora, 2017.

150 Cantares para Rosalía de Castro, VVAA. Libro electrónico. 2015.

Oceanografía de interior, coescrito co poeta Samuel París. Edición dixital. 2013.

Premios 2008 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo. VVAA. Ed. Xerais. 2013.

A cidade na poesia galega do século XXI, VVAA. Coord. Gonzalo Vázquez. Ed. Toxosoutos. 2012.

Olladas sobre o museo, VVAA. Museo do pobo galego 2011

Cando menos a derrota. Sotelo Blanco Edicións. Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. 2009.

Contos de Ida e Volta, Proxecto Ronsel, ed. Difusora de Letras, Artes e Ideas. 2008. Escolma e reescritura de contos de tradición oral. Feito por encarga da Universidade de Vigo no marco do Proxecto Ronsel para a preservación do patrimonio inmaterial.

Premios 2008 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo. VVAA. Ed. Xerais. 2009.

Rosalía XXI, VVAA. Coord. Anxo Angueira. Promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural da Xunta de Galicia. Ed. Xerais. 2009 (Tradución galego-castelán).

Letras novas, VVAA. Asociación de Escritores en Lingua Galega. 2008.

Premios 2006 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo. VVAA. Ed. Xerais. 2007.

Outros textos meus están dispersos en revistas de difusión literaria e cultural como Infoxove, Dorna, O ollo público, Vieiros, Pro-texta e Luzes.

Recursos Autor