Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas)
Lugar: Ourense
Data Nacemento: 23/06/1907
18/07/1989
Actividade Profesional: Estuda Primaria e Bacharelato na cidade natal, onde ha de exercer como docente. Pasa longas tempadas na casa da avoa en Facós e a cultura rural desperta o seu interese. Cursa Filosofía e Letras por libre en Compostela. Asóciase á Irmandade Galeguista de Ourense e ao Partido Galeguista. Colabora co Grupo Nós e forma parte do Seminario de Estudos Galegos. Participa na guerra civil.
Profesor de Xeografía e Historia no Instituto do Posío e do colexio Cardenal Cisneros.
Compaxina os estudos etnográficos con traballos sobre Arte, Historia e Arqueoloxía. Membro activo da Comisión de Monumentos de Ourense e do Grupo Marcelo Macías. É o autor da curtametraxe O carro e o home (1940).
Académico da Real Academia da Historia e da RAG, así como de varias sociedades portuguesas e españolas. Director e presidente do Museo do Pobo Galego, cuxa creación impulsa no ano 1976. Xocas doa aos fondos do museo a súa biblioteca e a súa magnífica colección de maquetas de elaboración propia.

Recibe numerosas distincións, medallas e nomeamentos: a Encomenda de Alfonso X o Sabio (1961), Premio Otero Pedrayo (1982), Fillo Predilecto da provincia de Ourense (1983), Premio Trasalba (1983), Medalla Castelao (1984), presidencia do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Publica máis de 125 traballos, dos que a metade deles está dedicada a estudar a cultura popular. Para a elaboración do libro Etnografía, o segundo volume da Historia de Galiza (1962), dirixida por Ramón Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo percorre Galicia durante máis de 20 anos.

Obra Publicada
Notas etnográficas da Terra de Lobeira. O liño e a lá, 1930.
Galicia. Parroquia de Velle (con Cuevillas e Fernández Hermida), 1936.
Vila de Calvos de Randín (con Florentino L. Cuevillas), 1930.
Lápidas sepulcrais galegas de arte popular, 1940.
Etnografía. Cultura Material, vol. II da Historia de Galiza de Otero Pedrayo, 1962.
A Nosa Señora do Viso, 1983.
Enredos, 1992.
La capilla y santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Orense, 1988.
O mar terra adentro, 2004.
O culto das pedras no noroeste peninsular, 1965.
Cantigueiro Popular da Limia Baixa, 1973.
A casa, 1983.
A terra, 1983.
O mar e os ríos, 1983.
Os oficios, 1983.
Refraneiro galego, 1983.
A vivenda popular na Limia Baixa, 2004.
O carro na Galiza, 2009.
+ de 100 traballos en revistas especializadas.