A xornalista, actriz, activista e investigadora, Comba Campoy, achegouse por Vilar de Santos para nos falar dun monicreque que ata os anos sesenta do século pasado protagonizou non poucas feiras do País. 

 

” O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas. O caso da barraca de Barriga Verde na Galiza de Postguerra (1939-1960).” é o título da tese de doutoramento da investigadora da Mariña, Comba Campoy quen dedicou estes últimos anos a investigar o poder dun monicreque miúdo mais irreverente e que dicía moito máis do que o seu linguaxar mordaz nun contexto como o da Ditadura Franquista, en que a disidencia explícita era imposible, mais que no que se conseguía dar espazo a toda unha gama de cinzentos en que a Barriga Verde, desde logo, tamén participou, é esta a conclusión da tese da Comba. A investigadora tivo a ben presentar as conclusións da súa tese no Museo da Limia. Canda Campoy veu tamén unha exposición que permanecerá ata o 16 de maio nas paredes do museo. “Barriga Verde. De Feira en Feira”. 

Momento da conferencia


13087643_616147665216484_3212822954808039058_n