988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

O CEIPP de Vilar de Barrio vén de publicar a entrevista que a rapazada de sexto de primaria de dito centro lle fixera co gallo do Día das Letras, ao catedrático de instituto, inspector de educación e presidente do Padroado do Museo, Delfín Caseiro. 

No ano en que a Academia tivo a ben celebrara obra dun etnógrafo, figura clave para entendérmonos colectivamente como pobo, o profesor Antón Fraguas. Desde a radio escolar de Vilar de Barrio coidaron que que mellor maneira de celebrar  esa arte da posta en valor patrimonial que é a etnografía, ca entrevistando o presidente do único Museo dedicado á escolma etnográfica con que conta a nosa comarca, o Museo Etnográfico da Limia. Caseiro parolou cas e cos alumnos sobre aspectos tales como o percorrido histórico da nosa entidade, o acervo patrimonial que custodia ou as actividades que se veñen organizando nesta nova etapa do Museo.

Deixamos a ligazón onde se recolle a conversa mantida coas rapazas e rapaces do CEIPP Vilar de Barrio

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilarbarrio/node/470http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilarbarrio/node/470