Este Nadal achégate ao Museo da Limia para mercar productos feitos coas mans e o corazón. Os dos nosos artesáns da Asociación de Artesáns da Limia, Limiar.

Lembra que as nosas datas de apertura en Nadal son os sábados 24 e 31 de decembro, de 11:30 a 13:30 horas. Tamén abrimos as nosas portas durante o obradoiro de monicreques que terá lugar nas datas de Nadal:

  • Do 26 ao 30 de decembro, de 16:00 a 18:00 horas.
  • Do 2 ao 4 de decembro, de 16:00 a 18:00 horas.

Dende o Museo da Limia desexámosvos boas festas, e feliz ano 2023!