Neste ano 2022 cúmprese o 25 aniversario da primeira edición do libro «Antela. A memoria asolagada», de Xosé Lois Martínez Carneiro. Esta publicación é un amplo compendio fotográfico de todas as faces da lagoa de Antela ata a súa desecación en 1958, e dos traballos de concentración parcelaria que tiveron lugar despois.
Desde o museo queremos ofrecerlle o noso homenaxe cunha exposición que recolle moitas destas fotografías, e o facemos nun senso moi especial: a inauguración da exposición coincide co outorgamento do V Premio Pedra Alta á Sección Antela da SGHN, unha organización que sigue hoxe a labor de coidado medioambiental que manifesta esta obra.
A exposición pode visitarse no museo ata o 8 de xaneiro de 2023.