La Voz de Galicia, entrevistou Xan Jardón con motivo dos vinte anos do traslado das instalacións do Museo da Limia da escola unitaria de Vilar de Santos para o seu actual emprazamento na antiga Casa Reitoral
Na entrevista, Jardón subliñou a importancia que o espazo ten para toda a veciñanza, destacando, así mesmo, que nestes vinte anos xa recibiu máis de 23.000 visitas e conta con máis de 600 pezas expositivas.
O museo cuxa instalación na antiga Casa Reitoral tivo a dirección do arquitecto ourensán Henrique Rodríguez Peña, conta con sete salas de exposición permanente, catro no primeiro andar, unha no patio exterior anexo e dúas no segundo andar, unha biblioteca e unha sala de conferencias. Así mesmo, as paredes e parte da sala «Xaquín Lourenzo», adoitan acoller exposicións temporais.
Deixamos aquí a ligazón á entrevista.