Novas do Museo
O Consello Asesor do Museo da Limia definirá esta fin de semana o premio Pedra Alta 2019
O Padroado do Museo convoca o seu Consello Asesor para este sábado 5 de outubro ás 11:30, como, con periodicidade anual e sempre nestas datas de retoma de actividade, vén facendo nestes últimos anos, na reunión que ha ter lugar no Museo Etnográfico da Limia, haberá...
O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia honrou as vítimas do Fascismo
O pasado 14 de setembro, entre Xordos e Nigueiroá, o tempo estourou de memoria, a mesma memoria soterrada durante décadas nas curvas da actual OU-1201, e que hoxe por fin presta homenaxe en forma de monolito a quen foi asasinado por teimar nun mundo máis xusto e...
Nota de pesar polo falecemento de D. Carlos Cid Arregui.
O Museo Etnográfico da Limia ven por este medio expresar o seu fondo pesar pola noticia do falecemento de D. Carlos Cid Arregui, membro do Consello Asesor do Museo Etnográfico da Limia. De Xunqueira de Ambía, e, no entanto, fondamente vinculado á comarca polos seus...
No 30 cabodano do Xocas
Cúmprense 30 anos do pasamento do insigne etnógrafo, Xaquín Lorenzo, Xocas, e logo de no pasado mes de maio se ter confirmado que a casa natal do Xocas, hoxe deixada ao abandono, pode pasar xa á titularidade pública, veñen sucedéndose homenaxes. O Museo da Limia, cuxa...
Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo, entrevistado polo alumnado do CEIPP Vilar de Barrio
O CEIPP de Vilar de Barrio vén de publicar a entrevista que a rapazada de sexto de primaria de dito centro lle fixera co gallo do Día das Letras, ao catedrático de instituto, inspector de educación e presidente do Padroado do Museo, Delfín Caseiro. No ano en que a...
Percurso literario por Vilar de Santos con parada no Museo
O domingo 19 de maio coa editora Positivas como organizadora e a Arca da Noe, como colaboradora, irá ter lugar un percurso literario co gallo da presentación do novo libro da escritora, Paula Carballeira, a obra Hai quen escolle os camiños máis longos, tirada do prelo...
Fraguas e A Limia
Para o Museo Etnográfico da Limia, as Letras Galegas deste ano son especiais, non sempre toca celebrar un etnógrafo, historiador e antropólogo, e non sempre toca que amais a figura obxecto de lembranza teña a valía intelectual do profesor Fraguas. O tamén etnógrafo,...
Charla-coloquio “Aves da Limia: dende a Lagoa de Antela a un Futuro Posible”
Novo evento no Museo. Trátase da charla-coloquio "Aves da Limia: dende a Lagoa de Antela a un Futuro Posible". Os investigadores Antonio Villarino, Felipe Bárcena e Serafín González serán os conferenciantes, membros todos da SGHN, cos que percorreremos a historia...
“É preciso que eduquemos desde o afecto”
Nun animado debate co público houbo tempo de facer un percorrido xeracional, varios dos asistentes eran tamén docentes e confesábanse alarmados coa mudez interxeracional, co descoñecemento que do ambiente en que se insiren os centros hai tanto entre profesorado coma entre os propios alumnos.
Presentación do crowdfunding e do Proxecto Documental “O Dentón”
O proxecto documental “O Dentón”, actualmente en fase de micromecenado chega ao Museo Etnográfico da Limia chega ao Museo da Limia da man da produtora Illa Bufarda. Sabela Iglesias e Adriana Pérez Villanueva estarán connosco o próximo día 19 de marzo a partir das...