Nos meses de xullo e agosto, a Asociación de Artesáns da Limia – LIMIAR desenvolve no Museo da Limia novas actividades:

OBRADOIRO DE OLERÍA.

  • A cargo de Olería do Batán.
  • Celebrarase todos os sábados dende o 15 de xullo ata o 15 de agosto, en horario de 17:00 a 19:00 h.
  • O prezo é de 30€.
  • Máis información e inscricións no teléfono 650 554 360.

OBRADOIRO DE MACRAMÉ PARA CATIVOS.

  • Impartido por Bisutería Rosa González.
  • Terá lugar todos os días, dende o 29 de xullo ata o 5 de agosto entre as 16:00 e as 19:00 h.
  • O prezo é de 20€.
  • Máis información e inscricións no teléfono 619 147 323.