O premio Pedra Alta, foille outorgado nesta séptima edición (2024) ao historiador limiao, don Edelmiro Martínez Cerredelo (Miro).
Este sábado tivo lugar en Vilar de Santos o acto solemne da entrega da VII edición do Premio Pedra Alta, que concede anualmente a Asociación Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, como recoñecemento a aquelas persoas ou entidades cuxa obra ou labor é capaz de proxectar unha pegada merecente de consideración nas Terras do Limia, ou fóra delas, se a súa a nacenza acontece neste territorio.
O galardón, consistente nunha réplica, obra do escultor limiao Xosé Lois Carreira, do menhir situado no corazón da antiga lagoa da Antela, coñecido popularmente como Pedra Alta.
O acto de entrega das distincións, ao que acudiron preto de 200 persoas, desenvolveuse na sede do Museo da Limia e no salón multiusos do concello de Vilar de Santos.
Pódese ler a nova sobre a entrega do galardón no diario dixital Dende A Limia.