Nova actividade no Museo da Limia, encontro á volta do produto local coas emprendedoras, Ana Belén Mellado, Carmen Quintas e Eva González, rostros de Alicornio, Faragullas e Carabuñas, emprendementos limiaos e cos pés na terra.
O Museo do Pobo Galego, institución irmá abriu hai algún tempo as súas portas aos Cafés da Memoria, formato que adaptamos gustosos no Museo da Limia. Abrimos o noso «ultramariños» para parolar. Cremos que o pasado só pode ser resgatado desde o vivencial. Parolamos coa Ana Belén Mellado Franco nacida o 14 de Febreiro de 1978 en Alemaña, ela ten 38 anos, muller asisada e con familia. Estudou Filoloxía Galega, mais o que a ocupa actualmente é o proxecto Alicornio, licores do País, na súa terra, en Cortegada, Sarreaus, coa Eva Gonzalez, de Salvaterra emigrada en Allariz-A Limia…(por devolver algho de poboación á provincia).
veu para a estas terras despois de muita teoría de desenvolvemento rural e aplicouna ao 100%, é o 50% do proxecto Carabuñas, ela fai compotas, marmeladas, cervexas e licores de sabugueiro e coa Carmen Quintas, veciña do Mosqueiro quen hai xusto un ano, abriu o seu forno tradicional «Faragullas», pizzas, pan, bolachas con masa nai é a carta de presentación da Carmen. Tamén realiza obradoiros de pan.
Máis info en: