O domingo 19 de maio coa editora Positivas como organizadora e a Arca da Noe, como colaboradora, irá ter lugar un percurso literario co gallo da presentación do novo libro da escritora, Paula Carballeira, a obra Hai quen escolle os camiños máis longos, tirada do prelo por Positivas, vai servir de leit motiv para unha xornada de convivencia e coñecemento con Vilar de Santos como pano de fondo e na cal está incluída unha visita ao noso Museo. Desde a entidade, animámosvos a que participedes. Deixámosvos o contido do evento publicado por Positivas na rede social Facebook:

https://www.facebook.com/events/1143910242482631/

Presentación de HAI QUEN ESCOLLE OS CAMIÑOS MÁIS LONGOS, de Paula Carballeira.

PROGRAMA:
14,30 h XANTAR NA ARCA DA NOE. Quen queira anotarse ten que reservar chamando á propia Arca.
Todo alimento é natural, de proximidade, deilí mesmo. Inesquecibles os sabores.

16,30 h VISITA AO MUSEO DA LIMIA,no propio Vilar de Santos. Din que é un dos mellores pequenos museos de Europa. Premios ten. Nosoutros nunca estivemos, pero deixámonos levar pola xente que fala ben.

18,00 h Camiñata até o bosque de SABUGUEIROS, verdadeiro epicentro dos de CARABUÑAS (http://carabunhas.com/):
Entre estas árbores presentaremos o poemario de Paula Carballeira HAI QUEN ESCOLLE OS CAMIÑOS MÁIS LONGOS

19.00 h. RETORNO Á ARCA DA NOE