Dentro das Xornadas Sapere Aude que se desenvolven neste 2023, o 29 de outubro terá lugar a andaina-ruta interpretativa pola Lagoa de Antela e a Via Nova entre o Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos) e o Museo Casa da Lagoa de Antela (Sandiás). Unha oportunidade única para coñecer o noso patrimonio histórico e natural camiñando os nosos sendeiros, con paradas interpretativas nos lugares de interés.

Ao finalizar haberá petiscos e sorteo de agasallos. É preciso inscribirse para asistir! Podes facelo de balde ata o venres 27 de outubro na web de Celtia Travel: https://www.celtiatravel.com/evento/andaina-ruta-interpretativa-museo-da-limia-casa-da-lagoa-de-antela/

  • Quedamos en: Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos).
  • Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
  • Hora de encontro: 9.30 h. Prégase estar ao menos 15 minutos antes no punto de salida para o reparto de dorsais.
  • Hora estimada de finalización: 13.30 h.

DATOS DA RUTA

  • Ruta lineal de 13 km. Podes consultar o percorrido en Wikiloc.
  • Dificultade media/baixa.
  • Acumulado: 200m.
  • Percorrido lineal: Museo da Limia (Vilar de Santos), Lagoas de V. Santos e Sandiás, Miliarios de Vilariño das Poldras, Cerredelo, S. Bieito de Uceira, Casa da Lagoa (Sandiás).
  • Avituallamento no km 8 do percorrido (Cerredelo, tanto sólido como líquido).
  • Petiscos ao finalizar a ruta (ao carón da Casa da Lagoa en Sandiás).
  • Sorteo de agasallos.
  • Regreso en bus ata Vilar de Santos.

RECOMENDACIÓNS

  • Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
  • Aínda que haberá avituallamento, recoméndase levar auga para o percorrido.

PATROCINAN

  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  • Concello de Vilar de Santos.
  • Museo Etnográfico da Limia.
  • Concello de Sandiás.
  • Museo Casa da Lagoa de Antela.

COLABORAN

  • Arca da Noe
  • Café Bar Centro Social
  • Rosa Artesanía
  • Asociación Mulleres Rurais Arracada Vilar de Santos
  • Noelia Peluquería
  • Lumecú
  • Faragullas
  • Sabor de Aldea
  • Redonet