988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

O pasado 10 de marzo tivo lugar a segunda reunión do recentemente constituído Consello Asesor do Museo Etnográfico da Limia. A xuntanza serviu para dar a benvida a dous novos membros, o historiador Álex de los Ríos e a educadora Lucía Nóvoa.

Foron varias as cuestións que abordou o Consello Asesor, entre elas destacamos, ademais das referidas incorporacións; a análise da participación do vicepresidente da Xunta Directiva, André Taboada, na reunión do Consello Galego de Museos que, entre outras cuestións, renovou a súa presidencia; a proposta, por parte do coordinador da Xunta Directiva, Xosé Antón Jardón; da recuperación da figura dos guías veciñais que tanto contribuíron, coa súa sabedoría, ao transmitir da nosa cultura popular e que serviu para implicar a veciñanza na promoción do noso Museo en etapas anteriores. Houbo tempo, así mesmo, para abordar a organización das que han ser as III Conversas na Taberna, a celebrar no comezo desta primavera e que pretenden converterse nun foro de debate ao redor da realidade que máis nos afecta como limiás e limiáns, pois é vontade do Museo trazar un diálogo permanente co presente, sendo mostra dese mesmo diálogo, as dúas Conversas precedentes ao redor dos novos emprendementos rurais e as loitas ambientais. Esta III Conversa na Taberna ha centrarse na pataca como punto de partida dun ano no cal se abordará a nosa relación co territorio.

É vontade do Museo trazar un diálogo permanente co presente

Ademais do devandito, acordouse dar inicio ao período de reflexión respecto do que deberá de ser o Premio Pedra Alta 2018 e prestar apoio activo á decisión por parte do Concello de Xinzo de Limia de presentar a candidatura de Antón Tovar ás Letras Galegas 2019. Así, entre outras decisións, resolveuse instar ao Concello de Rairiz de Veiga a recuperar o premio de poesía «Antón Tovar».

Finalmente, fixouse abril como mes de inauguración da nova «Biblioteca da Limia», iniciativa do Museo Etnográfico da Limia, con sede na sala de conferencias do segundo andar do espazo museístico, que o que pretende é escolmar a produción artístico-plástica, literaria e ensaística de autores da Alta e a Baixa Limia,