988 465 883 (chamar pola mañá, de 9 a 14 h) museodalimia@vilardesantos.com

O 20 de novembro de 2021 tivo lugar o acto de entrega do premio Pedra Alta 2021, que na súa cuarta edición quixo distinguir o labor da asociación Limisi. Esta asociación sen ánimo desenvolve a súa actividade na comarca, dando asistencia a persoas con diversidade funcional no seu propio domicilio ou en residencias dende o ano 2002.

«Non só nunca deixou de prestar os servizos que lle son propios senón que se foi abrindo progresivamente a un amplo abano de referencias e espazos, chegando cada día a máis persoas no ámbito ocupacional, na educación e rehabilitación terapéutica, no eido socio-educativo, na información, asesoramento e orientación das familias de persoas con diversidade funcional e mesmo na conformación dun fogar para persoas con discapacidade intelectual», salientou a organización.

A asociación Limisi recolleu o merecido galardón, réplica do menhir da antiga Lagoa de Antela Pedra Alta e creado polo escultor limiao Xose Lois Carreira, nun emotivo acto nas instalacións do Museo da Limia.