Novas do Museo

Os ríos que nos unen

A exposición “Ríos da Galiza e Norte de Portugal” pretende dar conta do forte simbolismo que no espazo da vella Gallaecia cabe aos ríos como curso que unen máis do que separan. A mostra é visitable aos fins de semana das 11h00 e 13h30 e das 15h30 e 18h00.

As bonecas chegan ao Museo

Exposición de bonecas no Museo da Limia. A mostra será visitable aos sábados e domingos de 11h00 a 13h30 e de 15h30 e 18h00 ata ao final do ano.

O Museo Etnográfico da Limia acolle o “I Encontro na Raia”

O Museo Etnográfico da Limia coorganiza xunto á taberna cultural “A Arca da Noe” e o IGESIP, o I Encontro na Raia. Será, a do sábado 29 de outubro, unha xornada plena de actividades, con conferencias, recitado de poesía, presentación de libros, postos de librarías e un concerto que pechará a xornada cara ás 22h30 da noite no local de concertos “A Arca da Noe”.

“Barriga Verde”. Un heroe contra o poder

A xornalista, actriz, activista e investigadora, Comba Campoy achegouse por Vilar de Santos para nos falar dun monicreque que ata os anos sesenta do século pasado protagonizou non poucas feiras do País.